A vaquiña de XENERA está nas rúas de Galicia!

Acabamos de poñer en marcha unha intensiva campaña de publicidade exterior en Galicia, polo que estes meses poderedes ver á nosa vaquiña en autobuses urbanos, mupis, marquesinas, monopostes e valos de A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela e Vigo.

O obxectivo é dar a coñecer o noso revolucionario produto A vaquiña polo que vale, co que ofrecemos a enerxía a prezo de custo (o mesmo ao que nós a mercamos no mercado maiorista) por só 3€/mes de xestión*.

O deseño orixinal da campaña, elaborado no ano 2016 por Javier Alés, foi adaptado agora a novos soportes.

Autobuses urbanos

Autobús XENERA A vaquiña polo que vale en Santiago de Compostela    

Autobús XENERA A vaquiña polo que vale en Lugo    Autobús XENERA A vaquiña polo que vale en Vigo

Mupis

As principais novidades da campaña deste ano foron a elaboración de mupis corpóreos en Vigo, Santiago de Compostela e Lugo, nos que o raio da nosa vaquiña sobresae por riba do mupi, xunto cos mupis sénior en A Coruña (de gran dimensión).

De forma complementaria, realizáronse mupis estándar en Vigo, Santiago de Compostela e Lugo.

Mupis corpóreos

Mupi corpóreo Santiago de Compostela

Mupi corpóreo Vigo

Mupis sénior en A Coruña e mupi estándar en Lugo

Mupi sénior A Coruña     Mupi estándar XENERA Lugo

Marquesinas con corpóreo e estándar

A nosa vaquiña tamén está presente en algunhas das marquesinas de Vigo, Santiago de Compostela e Lugo.

Marquesina Santiago de Compostela

Marquesina de XENERA en Vigo

Valos publicitarios

Valla publicitaria de XENERA en Vigo

Desde o ano 2016, en que comezamos a traballar como XENERA Compañía Eléctrica -comercializadora de enerxía 100% galega– xa son máis de 25.000 fogares e empresas os que están a confiar en nós. Sen embargo, temos máis de 120 anos de historia, xa que a nosa orixe remóntase a finais do século XIX.

Se ti tamén queres formar parte da nosa historia e comezar a aforrar na túa factura da luz, podes chamar ao noso teléfono gratuíto 900 600 116 ou informarte máis sobre nós na web xenera.com. Agardámoste!

Se che gustou, comparte! 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *