Contadores intelixentes: todo o que precisas saber sobre eles

Os contadores intelixentes permiten ter gran control sobre a enerxía consumida, xa que recollen con precisión os datos de consumo e envíanos de xeito automático. No noso país comezaron a instalarse no ano 2010 e está previsto que todos os fogares dispoñan deles antes de 2019.

A instalación dos contadores intelixentes

Os contadores dixitais

A normativa española (Orden Ministerial ITC/3860/2007, de 28 de diciembre) conleva a actualización dos sistemas de medida de consumo eléctrico a nivel nacional, en todos os puntos de subministración. Esta Orde, obriga ás empresas distribuidoras a substituír os antigos contadores analóxicos polos dixitais nas subministracións de enerxía eléctrica cunha potencia contratada de ata 15 kW.

Antes da substitución do contadora analóxico por un intelixente dixital, cada cliente recibe unha carta, na que se informa da data en que se realizará a instalación do novo contador, algo que é totalmente gratuíto. Durante a súa instalación, córtase brevemente a luz e, unha vez realizado o cambio, o novo contador comezará a funcionar de xeito automático, sen que o usuario teña que realizar ningunha operación. Despois do cambio, recíbese outra carta de confirmación.

O usuario tamén pode optar por instalar un contador da súa propiedade.

Este equipo de medida dixital pasará a estar integrado no sistema de telexestión. Algunhas distribuidoras dispoñen de páxinas web e aplicacións móbiles, coas que tendo un contador intelixente en marcha se poder ter moito control sobre o consumo eléctrico: permiten saber o que se gastou en cada momento (por períodos e horas), recíbese factura antes de que o banco pase o cargo e permiten a configuración de alertas, que avisen cando se estea a superar un determinado límite.

Aínda que hai usuarios reticentes ao cambio, principalmente pola influencia dos falsos mitos sobre os contadores intelixentes, en realidade teñen diversas vantaxes.

Principais vantaxes dos contadores intelixentes

  • Son prácticos: a partir do momento en que se ten instalado un contador intelixente, xa non é preciso nin que un técnico da compañía distribuidora pase cada certo tempo polo teu domicilio para realizar a lectura, nin que ti teñas que facilitala, xa que a lectura pasa a ser remota.
  • Rapidez en caso de avaría: cos contadores intelixentes, as avarías detéctanse e soluciónanse máis rápido. Calquera problema será máis fácil de identificar e pasarás menos tempo sen luz.
  • Operacións comúns a distancia: algunhas operacións poden facerse a distancia, como os cambios de potencia contratada, as altas e as baixas de comercializadora…
  • Fiabilidade: a factura será precisa, baseándose única e exclusivamente no consumo real. Adeus as lecturas estimadas.
  • Máis datos: os contadores dixitais aportan información adicional respecto aos anteriores sistemas de medida analóxica.
  • Sen trampa nin cartón: estes contadores están monitorizados constantemente, polo que non poden ser trucados.

Máis aló destas vantaxes, si hai un cambio que é importante ter en conta cando xa teñas contador intelixente. No caso de que se vaia a luz, o procedemento a seguir non é o mesmo que no caso dos contadores analóxicos, pero é moi doado.

Que facer cando se vai a luz se tes un contador intelixente?

Tendo un contador intelixente, en caso de interrupción da subministración de electricidade por superar a potencia contratada, só tes que realizar os seguintes pasos para restablecela:

  1. Desconecta os electrodomésticos de maior potencia.
  2. Desconecta o interruptor xeral, situado no cadro xeral. No caso de que nese cadro tiveses ICP (Interruptor de Control de Potencia), desconéctao tamén.
  3. Espera entre 5 e 10 segundos.
  4. Conecta o interruptor xeral e/ou o ICP.

Contadores intelixentes. Que facer cando se vai a luz?

Se a pesar de seguir estes pasos, non fose posible restablecer a subministración eléctrica, chama ao teléfono de avarías da distribuidora que che corresponda. É importante ter a man esta información, xa que pode ser de moita utilidade!

Xa tes un contador intelixente no teu domicilio ou empresa? Que opinas sobre el?

Se che gustou, comparte! 🙂

4 pensamentos en “Contadores intelixentes: todo o que precisas saber sobre eles

  1. Un saludo,
    Si en una vivienda el voltaje oscila entre 120 y200 voltios, el contador digital funciona correctamente
    Gracias por atenderme
    Espero su respuesta

    1. Hola Francisco, buenos días

      Si esa es la tensión de entrada en su instalación, deberá ponerse en contacto con su distribuidora para que le den solución, ya que está fuera de los límites establecidos. Debería tener una desviación máxima de un 7% respecto a la tensión nominal (que es de 230 V en instalaciones monofásicas).

      En el siguiente enlace xenera.com/telefonos-de-averias puede consultar los teléfonos de todas las distribuidoras, para que pueda llamar a la que le corresponde.

      Un saludo

  2. Esta ben o cambio pero edo quere dicir menos operarios, sale mais rentable as comercializadoras xa que son uns cantos soldos menos deses operarios que paaaban mes a mes polos domicilios para mirar os consumos.

    1. Ola Miguel,

      Para as compañías comercializadoras -como é o noso caso- non supón ningún aforro, xa que son as distribuidoras as que se encargan de realizar a lectura dos contadores.
      Certo é que a dixitalización conleva a desparición dalgúns postos de traballo en moitos sectores, pero tamén xera outros novos.

      Un saúdo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *