Sabes como se produce a electricidade estática e como podes evitala?

Seguramente en algunha ocasión notaches que se che encrespaba o pelo ao cepillalo ou sentiches unha especie de chispazo ao tocar a algunha persoa. Saberás que a electricidade estática está detrás destes fenómenos, pero tes claro que é e como podes evitala ou eliminala? Vexámolo.

Por que se produce a electricidade estática?

Todos os corpos e obxectos están formados por átomos. Estes átomos teñen protóns, electróns e neutróns. Os protóns teñen eléctrica positiva, os electróns negativa e os neutróns non teñen carga eléctrica.

Os átomos dun corpo, de por si, son electricamente neutros, xa que teñen o mesmo número de protóns con carga positiva que de electróns con carga negativa (co cal a carga duns anúlase coa dos outros). A cuestión é que estas cargas eléctricas poden descompensarse coa fricción dos átomos. Podemos cargar un corpo positivamente se perde electróns e negativamente se os gaña. De feito, hai obxectos que son propensos a perder electróns e outros que tenden a gañalos. Este desequilibro temporal de cargas positivas e negativas é o que se coñece como electricidade estática.

O noso corpo é bo condutor. Ten a capacidade de cargarse de electricidade estática ante determinadas accións cotiás. Sen decatarnos gañamos e perdemos electróns, pero cando acumulamos demasiada enerxía, chega o momento de descargala. É entón cando se producen os coñecidos chispazos. Non son máis que unha corrente de cargas negativas que migran a un lugar con cargas positivas para restablecer o equilibrio, que é a ausencia de carga eléctrica.

Como podes limitar ou evitar a xeración de electricidade estática?

Estas son algunhas das recomendacións frecuentes para que sexa máis difícil que o teu organismo acumule electricidade estática:

  • Trata de evitar o uso de roupa con telas sintéticas (poliéster, nailon…), xa que favorecen a acumulación de electricidade estática no corpo. Na medida do posible, é aconsellable o uso de tecidos naturais, como o algodón, o lino ou a seda.
  • Non elixas o calzado con sola de goma, xa que acumula electricidade estática.
  • Peitéate cun peine ou cun cepillo de madeira. Os de outros materiais fan que sexa máis doado acumular estática no cabelo.
  • Emprega humidificadores. Se a humidade relativa do aire é superior ao 50%, redúcense significativamente as cargas electrostáticas. As plantas tamén permiten que haxa máis humidade no ambiente.
  • Fai uso de cremas hidratantes para evitar a sequidade da pel. Coa pel hidratada será máis difícil que acumules electricidade estática.
  • Podes tratar as alfombras sintéticas con produtos químicos antiestáticos. Se están feitas de polipropileno e poliéster teñen gran capacidade para acumular electricidade estática. Tamén existen alfombras que están feitas especificamente cun compoñente antiestático.
  • Se utilizas a secadora, emprega toalliñas suavizantes, xa que eliminan a electricidade estática que se produce polo roce das prendas.
  • As camas con estruturas metálicas son susceptibles de captar a electricidade que xeran algúns aparatos eléctricos que pode haber na habitación (televisor, despertador…). Cárganse e traspasan a enerxía ao teu corpo. Evítaas.
  • Reláxate. Estar estresado xera cambios no teu corpo que te fan máis sensible á electricidade estática.

Entre os materiais illantes que teñen capacidade para xerar electricidade estática están o vidro, o cabelo das persoas, o aluminio, o nailon, o poliéster, o poliuretano, o teflón, o papel e os acrílicos e, por suposto, calquera obxecto que este elaborado con eles (moqueta, céspede artificial, alfombras, tapicerías, mobles, bolígrafos, prendas…).

E, se temos electricidade estática, que podemos facer para eliminala do organismo?

Como podes eliminar a electricidade estática do corpo

Se es das persoas que adoita acumular enerxía con frecuencia e, tendo en conta que incluso pode provocar dificultade para durmir, sensación de ansiedade ou tensión corporal, ademais das precaucións para evitala podes seguir estas recomendacións para tratar de eliminala:

darse unha ducha

  • Date una ducha. Axudarache a quitar a enerxía estática acumulada no teu organismo. Se non tes a posibilidade de ducharte no momento en que notas os síntomas, a lo menos lava as mans.
  • Remata o lavado do pelo con auga fría para eliminar a electricidade estática que puidera haber en el.

A auga é condutora de electricidade, por tanto, ao entrar en contacto co noso corpo arrastrará cara á terra a enerxía que poida haber en el.

  • Para descargarte de forma rápida entra en contacto cunha superficie metálica, por exemplo apoiando sobre ela os pés descalzos. O metal absorberá a enerxía e a conducirá cara a terra.

Dinos, adoitas ter electricidade estática? Utilizas estes ou outros trucos para evitala?

Se che gustou, comparte! 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *