Lámpadas intelixentes. Que son e como poden axudarte a aforrar diñeiro na factura da luz?

Xa é posible ter un control absoluto da iluminación do fogar, gracias ás lámpadas intelixentes ou conectadas, que se poden controlar cun teléfono móbil, unha tableta ou un centro de control a distancia.

Esta innovación tecnolóxica permite que, desde calquera lugar, podamos programar o acendido, o apagado e a intensidade das lámpadas. Son un grande paso na procura dunha optimización total do consumo enerxético no fogar, permitíndonos aforrar na factura da luz. Ademais, para beneficiarse das súas vantaxes, non é preciso facer cambios na instalación eléctrica.

O aforro que conseguiremos cunha lámpada intelixente respecto a unha tradicional pode chegar ata o 75%.

Os modelos de algunhas marcas poden sincronizarse cos equipos domésticos de entretemento (o televisor, a videoconsola…) para adaptar de forma automática a intensidade da luz en función da que saia da pantalla ou da música que estea a sonar. Moitas destas lámpadas tamén teñen a capacidade de cambiar de cor, co obxectivo de crear diversos ambientes.

O funcionamento das lámpadas intelixentes depende do modelo que se merque: existen modelos que necesitan un “hub” ou centralita e outros que non o precisan, cos que só hai que conectar as lámpadas por wifi.

No mercado existen tamén lámpadas intelixentes por Bluetooth, pero o certo é que o sistema wifi é moito máis preciso (con menos erros de sincronización) e máis práctico, xa que o poderemos controlar sen necesidade de estar en casa. Ademais, o Bluetooth consume con rapidez a batería do móbil e non é cuestión de gastarse en cargalo o mesmo que se aforra ao ter unha lámpada intelixente.

Xunto coas lámpadas intelixentes, xa comezaron a comercializarse interruptores de luz intelixentes que, se ben non son capaces de facer que as lámpadas normais proxecten varias cores, si permiten controlar todas as luces conectadas a un interruptor, acendéndoas ou apagándoas segundo un cronograma ou cun asistente intelixente, sen ter que cambiar as lámpadas LED normais que estean instaladas.

En que fixarnos á hora de mercar unha lámpada intelixente?

  • Se a luz que emitirá será só branca ou tamén permite elixir cores.
  • A temperatura de cor.
    Desde o punto de vista técnico, a temperatura de cor mídese en graos Kelvin (K). Canto menos graos teña, máis cálida (amarela) será a luz e, polo contrario, cantos menos graos, máis fría.
    As lámpadas intelixentes poden ofrecer distintas temperaturas de cor. Hai que ter en conta que a luz cálida é a ideal para o salón e as habitacións -xa que é máis agradable para o atardecer e a noite- mentres que a luz fría produce unha sensación de maior luminosidade, polo que se emprega con máis frecuencia en cociñas e baños.
  • A vida útil das lámpadas, é dicir, o seu tempo de vida esperado.
  • A conectividade: se é mediante wifi ou por Bluetooth.
  • Se admiten ou non control por voz.
  • Debemos avaliar se teñen a posibilidade de ser enlazados con outros electrodomésticos da casa.
  • O prezo. Hai diferencias considerables entre unhas marcas e outras.

Principais modelos de lámpadas intelixentes

As lámpadas intelixentes non son precisamente compoñentes baratos. De todos modos, o aforro enerxético que supoñen adoita compensar a inversión inicial.

Existen grandes diferencias entre todos os modelos de lámpadas intelixentes actualmente dispoñibles no mercado. A oferta incrementou considerablemente nos últimos anos, con modelos de diferentes fabricantes, aínda que as primeiras LED intelixentes en saír ao mercado son tamén as máis populares. Trátase das Philips Hue.

Philips Hue

Conta coas modalidades de luz branca “Hue White” e “Hue White Ambiance” esta segunda permite regular a tonalidade de luz branca- e a “Hue White and Color Ambiance”, coa que é posible variar entre luz branca (con tonalidade regulada ao gusto) e 16 millóns de cores para ambientar a vivenda.

As Hue poden ser administradas gracias a unha completa aplicación que se instala no dispositivo móbil. Tamén empregan “Hue bridge” (ponte), un aparello que se conecta a través do router de rede wifi fogar para crear unha rede intelixente con todas as súas lámpadas.

Sen embargo, o seu prezo é dos máis elevados do mercado. A ponte custa uns 60€, unha soa lámpada Hue White está en torno aos 20€, de Hue White sobre 30€,m mentres que a Hue White and Color Ambiance está ao redor dos 60€. Tamén comercializan kits, que inclúen varias lámpadas, a ponte e o interruptor inalámbrico para atenuar a intensidade de luz.

Outras opcións populares son as Xiaomi Yeelight, as Belkin WeMo e as IKEA TRÅDFRI.

Xiaomi Yeelight

O xigante chino Xiaomi conseguiu con esta lámpada intelixente a calidade da gama alta a un prezo axustado.

O proceso para utilizalo é doado. Tan só hai que vincular a lámpada ao dispositivo móbil mediante Mi Home, a aplicación intelixente de Xiaomi. Unha vez realizado o proceso, hai que instalar o plugin que permite a tradución ao español e, a partir de aquí, controlaremos a luz do fogar con tan só deslizar o dedo pola pantalla do noso móbil.

Belkin WeMo Smart LED

WeMo LED

Estas lámpadas intelixentes funcionan xunto co WeMo Link, que permite controlar ata 50 lámpadas WeMo  simultaneamente. Unha vantaxe a destacar é que a aplicación de Belkin está en español (algo do que non poden presumir todas as apps de lámpadas intelixentes).

IKEA TRÅDFRI

IKEA conta cos kits de iluminación intelixente TRÅDFRI (que significa inalámbrico en sueco). Son os máis baratos do mercado e teñen distintas opcións de lámpadas intelixentes, todas elas de luz branca. Estas lámpadas intelixentes necesitan dun hub conectado mediante cable de rede ao router wifi, o que crea a súa propia rede inalámbrica sen interferir no wifi normal de casa. Desde a súa aplicación, que é bastante boa, pódense controlar ata 10 lámpadas. Aparte da app, comercializan un mando redondo que permite controlar o nivel de brillo de cada lámpada.

A iluminación intelixente pode levarse aínda máis lonxe cos sistemas de detección de movemento, cos que as luces só se acenderán cando alguén se mova de cerca.

 

Sabías da existencia das lámpadas intelixentes? Estás a utilizalas?

 

Se che gustou, comparte! 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *