Sorteamos un ano de luz gratis en Land Rober

Imaxinas non ter que pagar a luz durante un ano? Con XENERA tes opción a conseguilo, xa que sorteamos un ano de luz gratis entre todos os nosos clientes domésticos. Haberá unha posta en escena do sorteo na Televisión de Galicia, no programa Land Rober, o xoves 15 de novembro de 2018. Aínda que o sorteo se realizará previamente ante o notario Javier Fernández Rodríguez, o nome do gañador/a darase a coñecer* no popular programa da TVG e se comunicará ao agraciado/a ao día seguinte.

*Por protección de datos de carácter persoal, só se indicará en televisión o nome (sen apelidos), localidade e número de cliente do gañador/a.

Cóntanos, que farías se che tocase un ano de luz gratis?

Queres participar?

Se aínda non es cliente noso e tes interese en participar no sorteo de Land Rober, podes cambiarte a XENERA chamando ao noso teléfono gratuíto 900 600 116 ou pulsando aquí e indicando os teus datos para que nos poñamos en contacto contigo e xestionemos o teu cambio. Antes de nada, informarémoste da nosa revolucionaria tarifa A vaquiña polo que vale e faremos unha comparativa con respecto ao que estás a pagar actualmente, para que podas valorar o cambio.

Lembrámosvos que podedes ser clientes de XENERA Compañía Eléctrica desde calquera localidade de España peninsular.

Se xa es cliente de XENERA, só por ter contratada a luz do teu fogar connosco, entras a formar parte do sorteo de xeito automático.

Bases legais

Neste enlace tes dispoñibles as bases legais desta promoción. É importante a súa lectura para participar no sorteo. Tamén se xa es cliente. Desexamos moita sorte a todos os participantes, que un ano de luz gratis no toca todos os días!


 

Se che gustou, comparte! 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *