Xa podes ter o gas con XENERA!

Agora XENERA Compañía Eléctrica, ademais de ser comercializadora de electricidade, tamén o é de gas.

Coa nosa tarifa de electricidade A vaquiña polo que vale xa revolucionamos o mercado eléctrico, ao ofrecer a luz a prezo de custo (o mesmo ao que nós a mercamos) por só 3€/mes de xestión. Do mesmo xeito, poñemos en marcha A vaquiña polo que vale para a subministración de gas: con ela, xa podes ter o gas co prezo sen marxe (o que custa no mercado maiorista), cun termo fixo do máis barato (probablemente o mellor do mercado), por só 3€/mes de xestión.

Nos teus recibos de luz e gas, amiguiños si, pero A vaquiña polo que vale.

Que tarifas de gas ofrecemos?

Dependendo do consumo de gas que realices, terás a tarifa 3.1 ou 3.2.

Gas. Tarifas 3.1 e 3.2 de XENERA Compañía Eléctrica

Tarifa gas 3.1

A tarifa 3.1 de gas é a máis barata para un consumo anual inferior a 5.000 kWh. Se tes unha vivenda na que non utilizas calefacción de gas, senón que só tes gas para a auga quente, esta é a túa tarifa!

Tarifa gas 3.2

Se na túa vivenda ou empresa se realiza un consumo anual superior aos 5.000 kWh e inferior a 50.000 kWh, esta é a opción que che corresponde. A tarifa 3.2 é a recomendable para fogares que teñen a calefacción con caldeira de gas.

Servizo de mantemento de gas: UnitGas

UnitGas é o servizo de mantemento de gas de XENERA

Se o desexas, tamén podes contratar con XENERA o servizo de mantemento de gas, UnitGas. Este servizo é moi recomendable polas súas vantaxes, pero é opcional. Ti decides se queres telo contratado ou non.

Que inclúe UnitGas?

1. Visita anual do servizo de mantemento para realizar a revisión do Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (RITE)

  • O mantemento adecuado dos teus equipos de calefacción e agua quente é obrigatorio. Por iso, con UnitGas, unha vez ao ano un técnico acudirá ao teu domicilio para revisar o estado da túa caldeira ou quentador, así como dos radiadores.
  • Por seguridade e aforro. Esta revisión permite manter segura a túa instalación  e evitar posibles avarías, que podan ocasionar un aumento innecesario do teu consumo de gas.

2. Inspección periódica quinquenal obrigatoria

  • UnitGas tamén inclúe a Inspección Periódica Obrigatoria da instalación de  gas, que debe realizarse cada 5 anos, segundo a norma UNE 60670 (partes 12 e 13).

Se saber máis sobre as tarifas de gas de A vaquiña polo que vale ou sobre o servizo UnitGas, podes chamar ao noso teléfono gratuíto 900 600 116 ou contactar connosco a través da web. Lembrámoste que non só comercializadora de gas e luz en Galicia, senón tamén en toda España peninsular!

Se che gustou, comparte! 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *