Patrocinamos o Land Rober Tunai Show, unha tempada máis

O programa de entretemento máis visto da Televisión de Galicia, Land Rober Tunai Show, estreou recentemente nova tempada e, unha vez máis, XENERA Compañía Eléctrica está a patrocinalo, como levamos facendo desde o ano 2015.

O regreso ás pantallas do espazo de televisión presentado por Roberto Vilar está sendo un éxito de audiencia, como de costume. De feito, o primeiro programa da tempada obtivo un 18,7% de cota de pantalla (ou share), converténdose no máis visto do prime time (franxa horaria de maior audiencia) en Galicia. Boa proba do interese que esperta o programa é a lista de espera para acudir como público, que xa é de ao redor de 45.000 persoas.

XENERA tamén patrocina o programa Larpeiros

XENERA Compañía Eléctrica patrocina Larpeiros

XENERA, como empresa 100% galega, tampouco podía deixar de patrocinar o programa gastronómico por excelencia da TVG: Larpeiros. A propia canle de televisión autonómica defíneo como un espazo sobre xente que cociña, come e se divirte facéndoo. Neste programa televisivo, a comida (cos seus trucos e receitas) é o pretexto para pasar un tempo divertido.

Ademais destes programas, en XENERA tamén fomos patrocinadores da series Era Visto no 2015, O Faro en 2015 e 2016 e os deportes do Telexornal de mediodía, Cine, a serie Fontealba e algúns outros específicos da tempada estival (especiais de festas, Vaia Troula, Sopa de Festa…) no 2016.

En XENERA Compañía Eléctrica recibimos case a diario propostas de publicidade e patrocinio de diversa índole: deportivas, solidarias, lúdicas…principalmente no ámbito de Galicia. Aínda que nos gustaría poder sumarnos practicamente a todas, non sempre nos resulta posible. Si o estamos a facer na actualidade con estes dous programas de entretemento televisivo (entre outras accións), porque nos gusta o seu humor e que a xente poda pasar con eles un rato divertido.

O vídeo co que patrocinamos os programas

A estas alturas é moi probable que xa teñas visto o vídeo que estamos a emitir na televisión para os patrocinios, pero por se non fose así, podes velo ao completo aquí:

Cóntanos, es espectador do Land Rober Tunai Show e/ou de Larpeiros? Que outros programas da Televisión de Galicia estás a seguir e cal é o que máis che gusta?

Se che gustou, comparte! 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *